Skip to main content

Investigando e divulgando as ciencias e técnicas do mar desde 1983.

O mar, a nosa razón de ser.

Presentación

O Instituto Universitario de Estudios Marítimos e un centro propio da Universidade da Coruña. Este Centro crease no marco xurídico establecido pola lexislación universitaria xeral (artigo 10 e 11 da Ley 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria) e polos Estatutos da Universidade da Coruña (artigos 31 a 34).

Preténdese coa creación deste Instituto incrementar os coñecementos relativos a investigación marítima para acadar un conxunto de resultados de aplicación práctica indispensables para o conxunto da sociedade galega.

Centraráse, primordialmente, no desenrolo da pescuda nos ámetos do estudo das actividades pesqueiras, marisqueiras e dos cultivos marinos; na analise das actividades da navegación e desenrolo técnico marítimo; na reflexión encol do dereito e analises xuridicos marítimos; na investigación nas cencias vencelladas a exploración e explotación do mar.

O Instituto Universitario de Estudios Marítimos desenrola actividades de investigación, de docencia, de divulgación e de asesoramento técnico sobre temas relacionados co mundo marítimo.

Finalidade

O Instituto Universitario de Estudios Marítimos persegue coma finalidade especial acceder coñecemento especializado no ámbito das ciencias e técnicas do mar. Neste sentido, as suas actividades están destinadas a investigación, a ensinanza interdisciplinar das materias nel comprendidas e o asesoramento profesional o sector das empresas e das administracions públicas.

Organigrama do IUEM

Directora:
María Isabel Novo Corti
Catedrática de Universidade da Área de Fundamentos da Análise Económica. Universidade da Coruña
Secretaria:
María José Rodríguez Docampo
Profesora Titular de Universidade da Área de Dereito Mercantil. Universidade da Coruña
Consello:
Álvaro Baaliña Insua
Profesor Titular de Universidade da Área de Máquinas e Motores Térmicos. Universidade da Coruña
Félix Sergio Blázquez Lozano
Profesor Contratado doutor da área de Comercialización e Investigación de Mercados. Universidade da Coruña
Fernando Pedro Bruna Quintás
Profesor Permanente Laboral da Área de Fundamentos da Análise Económica. Universidade da Coruña
Angélica Díaz de la Rosa
Profesora Titular da Área de Ciencias e técnicas da navegación. Universidade da Coruña
Almudena Fernández Carballlal
Profesora Titular de Dereito Administrativo. Universidade da Coruña
Ana María González Tizón
Profesora Contratada Doutora da Área de Xenética. Universidade da Coruña
María Asunción López Arranz
Profesora Contratada Doutora de Dereito do Traballo e Seguridade Social. Universidade da Coruña
María Natividad López López
Profesora Axudante Doutora da Área de Ciencias e técnicas da navegación. Universidade da Coruña
Julio Louro Rodríguez
Profesor Contratado Doutor da Área de Ciencias e Técnicas da Navegación. Universidade da Coruña
Enrique Guillermo Maciñeira Alonso
Profesor Asociado da Área de Proxectos de Enxeñaría. Universidade da Coruña
Andrés Martínez Lage
Catedrático de Universidade da Área de Xenética. Universidade da Coruña
Matías Enrique Membiela Pollán
Profesor Axudante Doutor da Área de Comercialización e investigación de mercados. Universidade de A Coruña
Enrique Peña González
Catedrático Universidade da Área de Enxeñaría Hidráulica. Universidade de A Coruña
José María Picatoste Novo
Profesor Axudante Doutor da Área de Fundamentos da Análise Económica. Universidade de A Coruña
Antonio Javier Prado Domínguez
Catedrático de Universidade da Área de Economía Aplicada. Universidade da Coruña
Félix Puime Guillén
Profesor Permanente Laboral da Área de Economía Financieira e Contabilidade. Universidade da Coruña
Consello (Personal de Adminsitración e Servizos)
María Belén García Arias
Secretaria Adminsitrativa do IUEM. Universidade da Coruña
Miembros Investigadores
Federico Guillermo Martín Palmero
Miembro del grupo de investigación Estudios económicos: transporte, trabajo y sostenibilidad . Universidade da Coruña
Miembros Honorarios
Fernando Ignacio González Laxe
Catedrático de Universidade Emérito da Área de Economía Aplicada. Ex Director do IUEM. Universidade da Coruña

Obxectivos

Organizar e evaluar plans e proxectos de investigación multidisciplinar sobre ciencias e técnicas do mar o fin de cubrir o vacío académico e investigador existente.

Programar e realizar actividades docentes así coma de especialización e de actualización profesional, conducentes o non, a obtención de diplomas académicos.

Impulsar a actuación científica e técnica dos seus membros e da comunidade universitaria no seu conxunto, co obxecto de alcanzar unha formación personal tanto inicial como continuada nos diversos campos que son obxecto de analise e estudo.

Contratar e executar traballos científicos e técnicos con persoas físicas ou entidades públicas ou privadas, no marco da lexislación vixente coa intención de aportar solucions prácticas os problemas que poidan xurdir ou recomendar estratexias que redunden nunha maior eficiencia.

Promover a difusión e realización de traballos e publicacions (monografías, boletins especializados, libros, e xornal propio) sobre estudios científicos-técnicos do mar, asi como a creación de bases de datos inforrmativas.

Asinar convenios de colaboración e cooperación coutros centros, tanto nacionais como internacionais, para intercambio de investigadores, material de investigación e promoción de ideas e coñecementos, así como formar parte de consorcios e redes de centros de investigación para optar a concursos internacionais.

Colaborar cos demás órgaos da Universidade na realización das súas funcións .

Close Menu

Instituto Universitario de Estudio marítimos

Edificio de Servizos Centrais de Investigación
Campus de Elviña
Universidade Da Coruña
15071 A Coruña

Tel.: +34- 981-16.70.00 Ext. 2463
Fax: +34- 981-16.71.25
Correo electrónico: iuem@udc.es

Resumen de privacidad

La página web del Instituto universitario de Estudios Marítimos utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Asimismo puedes consultar toda la información relativa a nuestra política de cookies AQUÍ y sobre nuestra política de privacidad AQUÍ.