Skip to main content

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, o director do Instituto de Estudos Marítimos da UDC, Fernando González Laxe, e o presidente de Puertos del Estado, Álvaro Rodríguez Dapena, presentaron o pasado 29 de Xuño de 2022 na Reitoría o Anuario de Estudos Marítimos.

O Anuario de Estudos Marítimos, editado polo Instituto de Estudos Marítimos da Universidade da Coruña, recolle artigos dos mellores expertos nas áreas de Dereito, a Mariña Civil e a Socio-Economía relativa ás cuestións marítimas.

Segundo explicou o profesor González Laxe, “todos os países do mundo están debatendo agora como serán os océanos do futuro”. Os océanos son para Laxe a plataforma de futuro xa que concentran alimentos, enerxía, minerais e habitantes, e lamentou que España aínda non apostase pola “maritimización”. O codirector do volume, xunto coa profesora María José Rodríguez Docampo, sinalou que a guerra de Ucraína veu poñer de manifesto un grave problema en todo o mundo ao cortarse as cadeas de subministracións que se realizan a través do mar, pois preto do 85% das transaccións mundiais son por vía marítima.

Leer texto completo de la noticia
Close Menu

Instituto Universitario de Estudio marítimos

Edificio de Servizos Centrais de Investigación
Campus de Elviña
Universidade Da Coruña
15071 A Coruña

Tel.: +34- 981-16.70.00 Ext. 2463
Fax: +34- 981-16.71.25
Correo electrónico: iuem@udc.es

Resumen de privacidad

La página web del Instituto universitario de Estudios Marítimos utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Asimismo puedes consultar toda la información relativa a nuestra política de cookies AQUÍ y sobre nuestra política de privacidad AQUÍ.